jueves, 28 de febrero de 2013

Visita á casa-museo DALÍ

 

O día 10 de febreiro de 2013 fun coa miña familia a FIGUERES onde está a casa-museo de Salvador Dalí. Alí vín moitas cousas que me chamaron a atención,unha delas foron as fachadas laterais cheas de moletes de pan pequenos e as torres con ovos xigantes. Nas fiestras había unhas estatuas que se parecían aos oscars de Hollywood. No interior hai unha escultura chamada CARNAVAl,chámase así porque ten un coche debaixo(car)e logo, despois dunha columna moi alta hai unha figura dun barco (naval). Despois entrei na sala principal,e alí, cando miras cara arriba en vez de ollar un teito normal hai unha cúpula cunha forma de ollo de mosca. Na casa-museo había tamén xoias que fixo Dalí e algunha pequena escultura. Na sala principal había un cadro xigante de Gala, pero se o mirabas lonxe ou cunha cámara de fotos ves a figura de A. Lincolm (antigo presidente dos Estados Unidos). Na sala onde se mostran as xoias estaba a súa tumba. Unha cousa que me chamou moito a atención foi que había bastantes cadros de Gala e outros que non daba entendido por que eran moi extranos. Un deles era un apartamento feito a partires do retrato da actriz MAE WEST

Manuel Fernández 

miércoles, 6 de febrero de 2013

Mirar un cadro, sentir unha historia

Aquí tedes a obra de Dalí, Muchacha en la ventana, pintado en 1925, que se conserva en Madrid, no Museo Reina Sofía. O cadro pertence á etapa formativa de Dalí, cando o artista tiña vinte anos e o surrealismo non influira todavía de maneira apreciable na súa pintura. Esta é a nosa nova proposta de actividade: Por que está esta muchacha asomada á ventá? Que está a pensar? Que está a mirar? Facede un exercicio de imaxinación, pechade os ollos, metédevos na pel da muchacha e ...mirade! Tedes que deixar nos comentarios un pequeno escrito, 5-10 liñas máximo, que responda ás cuestións anteriores.

Poemas de Dalí

Este traballo foi realizado a partir da "nube de palabras"que vimos na sesión pasada.Os foron realizados por equipos e entregados cun seudónimo para a súa revisión. O equipo de redacción de 5ºA e 5ºB, composto por Laura Andrade, Alejandro Pombo, Iria González e Xoaquín Tarrío fixemos a seguinte selección.Esperamos que sexa do voso agrado.

martes, 5 de febrero de 2013

Equipo de redacción

Este é o noso equipo de redacción e os/as autores/as das súas primeiras seleccións. Que difícil foi decidir entre tantos traballos bos!