lunes, 11 de marzo de 2013

Seguimos descubrindo a Dalí!!

Aquí descubriredes o que significaban para Dalí moitos dos obxectos, animais.. que pintaba, esto axudaranos a entender un poco mellor os seus cadros, pero nunca esquezades o que el mesmo dixo
" la única diferencia entre un loco y yo es que yo no estoy loco"
 Dalí e outros segredos

Walt Disney & Salvador Dalí [1945 - 2003]

jueves, 28 de febrero de 2013

Visita á casa-museo DALÍ

 

O día 10 de febreiro de 2013 fun coa miña familia a FIGUERES onde está a casa-museo de Salvador Dalí. Alí vín moitas cousas que me chamaron a atención,unha delas foron as fachadas laterais cheas de moletes de pan pequenos e as torres con ovos xigantes. Nas fiestras había unhas estatuas que se parecían aos oscars de Hollywood. No interior hai unha escultura chamada CARNAVAl,chámase así porque ten un coche debaixo(car)e logo, despois dunha columna moi alta hai unha figura dun barco (naval). Despois entrei na sala principal,e alí, cando miras cara arriba en vez de ollar un teito normal hai unha cúpula cunha forma de ollo de mosca. Na casa-museo había tamén xoias que fixo Dalí e algunha pequena escultura. Na sala principal había un cadro xigante de Gala, pero se o mirabas lonxe ou cunha cámara de fotos ves a figura de A. Lincolm (antigo presidente dos Estados Unidos). Na sala onde se mostran as xoias estaba a súa tumba. Unha cousa que me chamou moito a atención foi que había bastantes cadros de Gala e outros que non daba entendido por que eran moi extranos. Un deles era un apartamento feito a partires do retrato da actriz MAE WEST

Manuel Fernández